Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a experiencia de navegación das persoas usuarias. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

 

A ASOCIACIÓN GAMELA

Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamela.  Cabo da Cruz

A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras Gamela  é unha asociación sen ánimo de lucro creada o seis de novembro de 2001, e ten entre os seus fins (artigo 2) “a recuperación, promoción e divulgación da cultura en tódalas súas manifestacións e, en especial:

a)  A promoción da cultura galega.
b)  A recuperación e promoción das embarcacións tradicionais e doutras tradicións mariñeiras.
c)  A promoción da navegación de lecer e o deporte náutico coas embarcacións tradicionais.
d)  A divulgación de vellos oficios artesáns de Galicia, entre eles os mariñeiros e agrarios.
e)  A recuperación e a divulgación dos deportes populares de Galicia.
f)  A recuperación e a promoción das tradicións gastronómicas propias de Galicia.

 

Antes da Asociación Gamela:


Como axuda para entender o contexto no que se crea a  Asoc Gamela, hai que voltar a última década do século XX. Naqueles anos a  A.VV "A Unión" lidera unha auténtica revolta  na   Cultura e o ámbito social no Pobo do Cabo da Cruz e O Castro. Este liderado da Unión  foi impulsado polo novo equipo directivo que xa viña formado noutras entidades do pobo; do fútbol, da cultura, do remo, da política etc.

Por aqueles anos  un vello mariñeiro do pobo xa xubilado era o dono da Esperanza unha das dúas unicas gamelas, -a outra era a Engracia- que quedaban no porto. Francisco Sieira Outeiral (Francisco dos Pinales) era o Armador da Esperanza na que aínda navegaba a vela con bastante frecuencia.

No ano 1993 celebrase o 1º Encontro de Embarcacións Tradicionais en  Ribeira e dende A.VV.  A Unión, convencemos  ao tio Francisco para participar coa súa gamela. A partir de aqui  no equipo da únión xa entendemos a necesidade de crear unha Asociación que promovera a recuperación da Gamela de Cabo da Cruz e a promoción das Tradicións mariñeiras, sen esquecer o traballo  e defensa de toda cultura en xeral e xurde a Asociación Gamela.

Non podíamos esquecer un feito de vital importancia na recuperación da nosa gamela e moitas outras embarcacións tradiciónais como foi a publicación en 1989 de  As Embarcacións Tradicionais en Galicia, un traballo de Staffan Mörling (*1936- †2020),  antropólogo  e etnólogo sueco que adica varias páxinas a "Gamela do Cabo da Cruz" e ao que rendimos  un homenaxe e expresamos o noso agradecemento.