Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a experiencia de navegación das persoas usuarias. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

 

AS NOSAS EMBARCACIÓNS

EMBARCACIÓNS DA ASOCIACIÓN CULTURAL E DE TRADICIÓNS MARIÑEIRAS GAMELA

Resultará fácil de entender que as primeiras embarcacións da  Asociación  Gamela sexan precisamentos da tipoloxía única en Galicia e propia do porto de Cabo da Cruz; a Gamela de Cabo da Cruz.

ESPERANZA

Aínda que a vella Esperanza xa non exista, estivo con nos varios anos a, súa última navegación foi no Encontro da Illa da Arousa  en xullo do 2003, donde comparteu mar e vento coa súa primeira copia Esperanza - Libertade. A Esperanza e o seu Patrón, Francisco Outeiral Sieira ( Francisco dos Pinales) son a cerna e icona que representa a nosa Asociación as  medidas que se lle tomaron no 2002 para realizar os planos de novas construcións foron;  Eslora 4,590m., manga 1,662m., puntal 0,498m. e o arqueo bruto (GT) 0,461Tm. e fora construida polo carpinteiro de ribeira Pepito Places no 1948 en Cabo da Cruz.vela Mística

A Esperanza é a  memoria das Gamelas do Cabo da Cruz que permanece no pobo reflectida cunha  construción en pedra colocada no porto de Cabo da Cruz na cal hai un poema que amosa as arelas de libertade que a Esperanza representou:

Quería ser Libertade, ao nacer
quería navegar en mares ceibes

 na longa noite de pedra
Non puido ser.


Navegando na bonanza do mar da memoria
co vento libre na vela

Foi a Esperanza
dun futuro de liberdade

Esperanza - Libertade


ESPERANZA - LIBERTADE

Construida en Estaleiros Amado do Freixo tendo como modelo a vella Esperanza cas seguintes medidas: Eslora 4,50m., manga 1,52,  puntal 0,55  e 0,43 T. R. B.

A Esperanza Libertade foi posta a flote por primeira vez en augas do mar de Cabo o 18 de maio do 2002 co folio 7ª VILL -3-41. 02 do rexistro de Vilagarcía.


NOVA ESPERANZA

Nova construción do Estaleiro Triñanes Domínguez da Ladeira (O Chazo) coas medidas exactas que resultaron do escaneo da vella Esperanza; Eslora 4,40m., manga 1,83m.,  puntal 0,57m. e 0,43 T. R. B. Esta embacación foi inscrita no Rexistro do Caramiñal co folio 7ª VILL 2. 1.18.

 


PIALLA

É unha buceta coas seguintes medidas; Eslora :4,50m., manga 1,52,  puntal 0,55 e 0,95 T.R.B..  e inscrita no Rexistro de Caramiñal na 3ª lista e folio 4259 , indicando un valor de 488 pesetas.foi construida en 1972, na Angustia (Pobra do C.)

En xaneiro do 2016 cambia o folio para o actual  7ª VILL 2.2.16 da mesma inscrición do Caramiñal. A Pialla chega a propiedade da Asociación no ano 2020,  por donación da súa propietaria Dna, María Purificación  Vázquez Lijó.

 

Republicano


REPUBLICANO

Os racús foron unhas das  embarcacións tradicionais do moi comúns  no  Cabo da Cruz adicados principalmente a pesca da sardiña co xeito como subsistencia das familias e a vez como medios de lecer deportivo en regatas a remo en Cabo e portos veciños. Neste caso un dos máis lembrados era o "Palén". 

O Republicano Chega a Asociación Gamela cedido pola Asociación Cultural e Deportiva Dorna, da Illa da Arousa, estes son os seus datos; Eslora: 4,7m. Manga: 1,4 m. Puntal: 0,75m. Arqueo: 0,95 T.R.B.

É especialmente recordado no porto do Cabo da Cruz, o racú "San Antonio"  protagonista do heróico salvamento de 11 das victimas do naufraxio do "Cabo Razo", afundido no preto  do Chazo o 5 de agosto do 1958.

 


LABERCO

É un racú construido "ex novo" no ano 2012 nos Estaleiros Triñanes Dominguez da Ladeira (O Chazo) partindo da tipoloxía e medidas clásicas dun racú tradiciónal e dirixido especificamente a navegación de lecer, o Laberco ten como medios de propulsión unha vela cancrexa e un pequeno motor auxiliar, as súas medidas son Eslora:  8 m. Manga:  2,7m. Puntal: 1,35m. Arqueo, motor de 40 C.V.

(Embarcación asociada á Asociación Gamela)