A MEMORIA DO CABO DA CRUZ é un traballo de documentación, recuperación e divulgación do patrimonio inmaterial do noso pobo vencellado ao mar, aos seus oficios e á importancia da muller no desenrolo da historia.
Pretendemos darlle visibilidade a todo o que aquí sucedía e como pero, sobre todo, reivindicar a importancia do papel que desempeñaron as mulleres e dar a coñecer as dificultades ás que se enfrontaron e os avances que acadaron.
O patrimonio inmaterial esixente na zona costeira precisa de medidas que garantan a súa conservación e transmisión entre diferentes xeracións e colectivos. Recoller e sistematizar os saberes que compoñen o patrimonio inmaterial implica manter viva a sociedade mariñeira, reforzando a identidade das zonas costeiras. E iso é o que quere e vai facer a Asociación Gamela de Cabo da Cruz.